PROXECTOS


Centro de recursos matemáticos. O Quinzet.

O tanque matemático.

ALMORZOS SAUDABLES

O día 13, 14 e 16 de xaneiro participamos no programa de promoción de hábitos de vida saudables (almorzos saudables). Dirixido a todo o alumnado de educación infantil e primaria.
O programa contou cunha charla formativa e motivacional sobre alimentación e saúde bucodental.
Entre os obxectivos deste programa destacamos que o alumnado estableza e/ou se afiance no hábito de almorzar. Que teñan en conta que a dieta sexa equilibrada e con variedade de alimentos de cara a cubrir as súas necesidades nutricionais. Que xeren actitudes e motivacións cara o coidado persoal e que lles permita un desenvolvemento axeitado tanto no momento actual como no futuro.
A modo de exemplo recollemos algunhas das súas imaxes.


PASAPORTE SOLIDARIO


O venres día 9 de xaneiro tivemos unha pequena charla, sobre o pasaporte solidario. O obxectivo principal é promover valores de solidaridade, participación,  compromiso social e voluntariado. 
Recollemos algunhas imaxes.



 CONTACONTOS POLA IGUALDADE.

O día  5 de marzo co motivo da conmemoración do día da muller traballadora tivemos no centro a presencia de Fátima Fernández que nos veu a contar CONTOS DIFERENTES.
Unha breve descrición dos contos que nos trouxo foi a seguinte:
...Unha galiña que marcha de viaxe e un galo que tivo que aprender a coidar o ovo...
...Unha princesa que quere escoller ela a súa parella...
...Carmela, a nena que facía bonecas ...
Unhas historias un pouco diferentes ás que sempre se contan.


CONTRATO- PROGRAMA

  •  Lectura do libro Palabras de Caramelo.  
 





Enlace a Heroe anónimo. Excelente mensaxe




Enlace a cuerdas. O significado da amizade.

No hay comentarios: